PRUEBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO Y SUPERIOR DE FP

formacion-profesional

ESTRUCTURAE ORGANIZACIÓN DAS PROBAS

Grao Medio

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:

  • Sociolingü.stica: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
  • Matemática: matemáticas.
  • Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso.

 

Grao Superior

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e se atopen en calquera das seguintes situacións:

  • Ter dezanove anos cumpridos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
  • Ter dezaoito anos cumpridos, ou cumprilos no ano natural de celebración da proba, e dispor dun título de técnico (completamente rematado no momento de inscrición para a proba), que pertenza a algunha das familias profesionais incluídas na opción á que se desexe optar consonte ao anexo VII da convocatoria.

A proba divídese en dúas partes:

  • Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
  • Parte específica (*):
    • Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
    • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
    • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
    • (*) Na solicitude elixirase unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escolleranse dúas materias.

 

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionaisás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

REQUISITOS

Grao medio:

Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio, e teña cumpridos dezasete anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

 

Grao superior:

Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao superior e se atope en calquera das seguintes situacións:

Ter dezanove anos cumpridos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Ter dezaoito anos cumpridos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba, e dispor dun título de técnico (completamente rematado no momento da inscrición para as probas) que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta (A, B ou C), consonte ao anexo VII da convocatoria e reproducido ao final desta nota informativa.