- A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Os valores superiores. Os principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dereitos e deberes dos cidadáns. Garantías e tutela dos dereitos e liberdades. A súa suspensión.
- A Coroa. Sucesión e rexencia. As atribucións do rei. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España.
- O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública. Principios constitucionais informadores da organización e da actuación da Administración. Actividade administrativa e actividade política. Goberno e Administración.
- A Administración xeral do Estado. A súa organización. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno nas comunidades autónomas. Os subdelegados do goberno nas provincias. Os organismos públicos do Estado. As sociedades e fundacións. As corporacións de dereito público.
- A distribución territorial do poder do Estado. A súa regulación na Constitución de 1978. Os estatutos de autonomía. As competencias das comunidades autónomas. A modificación extraestatutaria das competencias autonómicas: leis marco, de transferencia e delegación e de harmonización. A reserva de competencias ao Estado: normativa básica; a atribución estatutaria de competencias e a cláusula de peche do artigo 149.3.
- A autonomía galega. Orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. A reforma do estatuto.
- Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingü.sticos dos cidadáns galegos.
- Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia. Descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.
- As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Estatuto de autonomía: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.
- A Administración xeral da Comunidade Autónoma galega. A súa organización. As entidades instrumentais do sector público autonómico. As delegacións de Galicia no exterior.
- O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.
- Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Atención ao cidadá da Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.
- O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.
- A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos.
- O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Notificación e publicación dos actos administrativos. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución.
- O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.
- Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.
- Os contratos do sector público. Normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de contratos e regulación. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público.
- Emprego público. Clases de persoal ao servizo da Xunta de Galicia. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario. Situacións administrativas. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.
- Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.
- Políticas públicas para a Igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
- Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.
- A Unión Europea. Natureza, principios, obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución. Os tratados orixinarios e de modificación. O dereito derivado.
- As institucións da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello e a Comisión. Outras institucións.
- O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.
- O procedemento de execución orzamentaria. Fases. O control orzamentario. Concepto.Natureza e ámbito de aplicación. Clases.
- Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.
- O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.
- O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. Afiliación. Altas e baixas; procedemento e efectos. Cotización.
- A acción protectora. As continxencias protexidas: cadro xeral. Prestacións. As prestacións non contributivas da Seguridade Social: finalidade e clases. Invalidez non contributiva: requisitos e procedemento para a súa obtención. Xubilación non contributiva.